INORMACIÓN XERAL
- DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024. Terán preferencia a rapazada empadroada no Concello de Bergondo que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.
- COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome da persoa participante, Concello e “Campaña de neve 2025”.
- INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
- DATA DE INSCRICIÓN: Ata o día 2 de decembro de 2024
- DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ENTREGAR NO CONCELLO NO MOMENTO DA SOLICITUDE:
1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal.
2. Fotocopia da tarxeta sanitaria da participante.
3. Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia
Campana-Neve_2025_Ficha_Inscricion
Documento_de_recollida_anticipada
Podedes atopar máis información no seguinte enlace: https://dacoruna.gal/deportes/campana-neve/