Potestade normativa das entidades locais

A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, atribúe ós Concellos, no seu artigo 4.1.a), a potestade regulamentaria, é dicir, capacidade para desenvolver, dentro da esfera das súas competencias, o disposto nas leis estatais ou autonómicas. Como consecuencia desta potestade, os Concellos poden ditar disposicións de carácter xeral e de rango interior a lei, sen que, en ningún caso, estas disposicións poidan conter preceptos opostos ás leis.

Sen prexuizo dos Bandos da Alcaldía-Presidencia, a potestade regulamentaria dos Concellos materialízase a través das Ordenanzas (normas municipais con efectos sobre os cidadáns) e Regulamentos (normas internas, de autoorganización), aprobados polo Pleno municipal. Sen embargo trátase de termos que expresan unha mesma realidade xurídica: normas de natureza regulamentaria eleboradas polo Pleno dun Concello.

A aprobación das Ordenanzas e Regulamentos municipais, en xeral, axústase ó seguinte procedemento, que ven recollido no art. 49 da citada lei):

1. Aprobación inicial polo Pleno

2. Información pública e audiencia ós interesados polo prazo mínimo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións (o anuncio exponse ó público no Taboleiro de Edictos do Concello e se publica no Boletín Oficial da Provincia).

3. Resolución de tódalas reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno. No acordo inicial pódese establecer que, se non se presentan reclamacións, a Ordenanza ou Regulamento considerarase aprobado definitivamente de forma automática.

4. Publicación no Boletín Oficial da Provincia e Taboleiro de anuncios do Concello de Bergondo.

Este procemento ten algunhas modificacións para algúns tipos de Ordenanzas e Regulamentos municipais concretos, como son as Ordenanzas fiscais.

A entrada en vigor das Ordenanzas e Regulamentos municipais prodúcese, unha vez publicado o texto íntegro, cando teñan transcurrido 15 días contados dende a recepción pola Administración do Estado e das Comunidades Autónomas da comunicación do acordo municipal que debe remitirlles ó Concello. (art. 70.2 e 65.2 da Lei de Bases do Réxime Local).

Neste apartado pódense consultar as normas vixentes de alcance máis cercano ó municipio, que aparecen dividadas segundo o seu carácter: fiscal non fiscal.

Cada norma está vinculada ó Boletín Oficial da Provincia onde foi publicada.

Algunha normativa está xestionada directamente pola Deputación Provincial. Para máis información consulta na seguinte páxina web (preme na ligazón):