Este programa, que comezou en abril de 2009, ten como principais obxectivos unificar actividades de reforzo educativo con outras que facilitaran a conciliación familiar e laboral.
O programa baséase no principio de autonomía dos centros, o cal ofrece a posibilidade de empregar as instalacións como recurso para a realización de actividades deportivas, artísticas e de estudo dentro dun concepto de servizos complementarios que mellore a oferta educativa.
Así mesmo, con este fin preténdese favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha formación integral do alumnado.
Procúrase tamén que o alumnado acade unha optimización dos tempos extraescolares para a adquisición das competencias básicas que lles esixe a sociedade actual. Tamén se promove o esforzo compartido de toda a comunidade educativa de cara ao fomento do éxito escolar, á redución do abandono temperán dos estudos da nosa mocidade e a procura da igualdade entre xéneros.
Os espazos dos que facemos uso para o programa son as instalacións do CPI Cruz do Sar así como o edificio Multiusos A Senra.
- ACTIVIDADES
- Conciliación verán.
- Conciliación inmersión lingüística.
- Campamento deportivo (idades de 3 – 12 anos).
- Campamento deportivo (idades de 12 – 16 anos).
- Campamento verán externo.




