
- Horario: de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas.
- Localización: Cruz do Sar, s/n (Edif. Abanca, baixo).
A denominación correcta para o caso de Bergondo é a de Axencia de Lectura. Esta denominación ven determinada polas súas características, segundo o Decreto 24/1995 de 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos (DOG de 2 de febreiro). Deste modo as Axencias de Lectura municipais cumprindo coas mesmas funcións que as bibliotecas, as fan dentro dun espacio físico máis reducido e tamén cun horario de apertura menor que aquelas.
Trátase dun espazo amplo e acolledor, tranquilo, con condicións axeitadas para a lectura, o traballo ou o estudo.

Características
As nosas instalacións contan con 52 postos de lectura, ordenadores con conexión a Internet e unha zona infantil.






