CAMPAÑA DE NEVE DEPUTACIÓN DE CORUÑA 2025

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Deportes

INORMACIÓN XERAL

  • DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024. Terán preferencia a rapazada empadroada no Concello de Bergondo que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.
  • COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome da persoa participante, Concello e  “Campaña de neve 2025”.
  • INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
  • DATA DE INSCRICIÓN: Ata o día 2 de decembro de 2024
  • DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ENTREGAR NO CONCELLO NO MOMENTO DA SOLICITUDE:
    1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal.
    2. Fotocopia da tarxeta sanitaria da participante.
    3. Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia

Campana-Neve_2025_Ficha_Inscricion

Autorizacion_medicacion_2025

Documento_de_recollida_anticipada

Podedes atopar máis información no seguinte enlace: https://dacoruna.gal/deportes/campana-neve/