- A protección do medioambiente non é só un eslogan do cal se bota man nun determinado contexto ou diante dun auditorio para cumprir con unha “liturxia” ou con unha moda.
Non debe ser, en ningún caso, un “quedaben” diante da cidadanía. Porque o que a veciñanza consciente e concienciada demanda son respostas e, sobre todo, feitos. E, por suposto, demandan que os feitos das administracións sexan coherentes coa grandilocuencia das palabras pronunciadas nos actos públicos ou a través dos distintos medios de difusión.
Nisto o eido local xoga un papel fundamental; como administración máis próxima ao cidadán debemos ser a primeira barreira contra as agresións ao medio e ao mesmo tempo os que sexamos quen de divulgar, protexer e poñer en valor a herdanza natural que os nosos devanceiros nos legaron e que dende o presente pretendemos legar aos que nos terán que suceder como habitantes deste cachiño de mundo no que tod@s habitamos e que a tod@s nos alberga.