Área de Presidencia
Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa
Competencias:.
Correspóndelle a área de Presidencia a coordinación das diferentes áreas municipais.
En concreto intégranse na área de Presidencia, no eido do Urbanismo, conserva esta área as competencias indelegables do art. 21.1.J da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do réxime local.
En materia de Contratación, esta área asume a xestión de tódolos procedementos de contratación do Concello.
No eido da Transparencia, correspóndelle a actualización dos datos contidos no Portal de Transparencia do Concello de Bergondo e da páxina web municipal. No eido das novas tecnoloxías, correspóndelle a xestión das políticas municipais tendentes á súa implantación completa ás esixencias das novas leis de procedemento e achega aos veciños, as Plataformas de tramitación electrónica, tanto locais, coma autonómicas e estatais, a sede electrónica municipal, impulso do uso da administración electrónica e implementación das TIC de xeito transversal, e a implementación da normativa e medidas en materia de ciberseguridade e en materia de protección de datos.
No eido do Benestar social, correspóndelle a xestión de programas dos servizos sociais municipais, de atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, política de inmigración, atención á terceira idade, axuda no fogar, dependencia, muller, família, diversidade funcional, e igualdade; sanidade e seguemento da Escola Infantil Municipal.
No eido da Cultura e do Ensino correspóndelle a xestión das políticas municipais de cultura, lingua e ensino: programación de actividades culturais de todo tipo, infraestructuras culturais, programas de educación complementaria, os programas de conciliación da vida laboral e familiar.
No eido do deporte, correspóndelle xestión das políticas municipais de programación de actividades e infraestructuras deportivas de deporte e de ocico e planificación e promoción da ocupación do tempo libre dirixido aos diferentes colectivos da veciñanza municipal.
En materia de Facenda, ocuparase esta área, en materia de gastos, da xestión presupostaria do concello, seguimento e control dos orzamentos, xestión económica e financieira da Administración; en materia de ingresos, recursos económicos do concello, xestión tributaria e de recadacion, política fiscal, preparación de ordenanzas fiscais e estadística
No eido de Persoal, as relacións cos representantes dos empregados públicos e a presidencia da Mesa xeral de negociación, oferta de emprego público e o seu desenvolvemento e a organización do traballo e as instruccións de persoal.
Correspóndelle tamén a esta área todas aquelas materias non asignadas expresamente a outra área de goberno.
Área de Infraestruturas, Urbanismo e Réxime Interior
Juan A. Fariña Pedreira
1ª Tenente de alcaldía
Competencias:.
No eido das Infraestruturas, correspóndelle a esta área o seguemento da execución dos diferentes plans de obras, xa sexan autonómicos ou provinciais, e dos plans de investimentos nas parroquias do Concello, incluída a mobilidade e seguridade viaria da rede municipal, así como a conservación e mantemento das infraestruturas municipais. A p lanificación de pequenos investimentos nas materias indicadas nos puntos anteriroes.
Esta área comprende, no eido do Urbanismo, o impulso dos documentos de planeamento urbanístico competencia doutros órganos municipais; a xestión urbanística; a execución de planeamento; expropiacións por razóns de urbanismo, políticas municipais de dotación de solo para vivendas sociais, promoción de vivendas sociais, licenzas urbanísticas de todo tipo, comunicacións previas, licenzas para o exercizo de actividades e comunicacións previas de actividade, expedientes de disciplina urbanística.
No eido dos Servizos Municipais, correspóndelle a esta área, o mantemento dos servizos básicos municipais de alumeamento público, abastecemento de auga e saneamento, acometidas, recollida de residuos sólidos urbanos.
En materia de Patrimonio, correspóndelle a xestión patrimonial do Concello, mantemento e actualización do inventario de bens, dereitos e obrigas, administración e defensa do patrimonio municipal e do patrimonio histórico.
No eido de Réxime interior e Persoal, a xestión dos recursos humáns do Concello, agás as relacións cos representantes dos empregados públicos e Mesa xeral de negociación, a oferta de emprego público e seu desenvolvemento e a organización do traballo e as instruccións de persoal.
No eido do desenvolvemento económico, correspóndelle a esta área a xestión de plans de formación doutras admnistracións públicas, programas de cooperación en materia de emprego doutras administracións, a xestión das políticas municipais tendentes á dinamización e potenciación da vida económica local -comercio-, as políticas municipais en materia de industria, turismo e promoción dos valores turísticos do Concello, a fixación dos obxectivos para a promoción de actividades económicas do Concello, as relacións cos axentes sociais na percura de políticas integrais de desenvolvemento e fomento de actividades económicas, en concreto, do parque empresarial municipal.
No eido da Formación, correspóndelle o seguemento dos Plans de formacion doutras administracións.
No eido da mocidade, a promoción e fomento da participación xuvenil e a planificación e promoción da ocupación do tempo libre da xuventude. En materia de voluntariado, a cooperación coas diferentes entidades de voluntarios nos proxectos desenvolvidos en común e o fomento do voluntariado local.
En materia de Paticipación Veciñal, correspóndelle a política de información ao cidadá, políticas municipais de participación cidadá a través dos instrumentos previstos no Regulamento orgánico municipal.
Área de Ensino, Cultura e Deportes
Patricia María Vázquez Figueroa
2ª Tenente de alcaldía
Competencias:.
No eido da Cultura e do Ensino correspóndelle a xestión das políticas municipais de cultura, lingua e ensino: programación de actividades culturais de todo tipo, infraestructuras culturais, programas de educación complementaria, os programas de conciliación da vida laboral e familiar.
No eido do deporte, correspóndelle xestión das políticas municipais de programación de actividades e infraestructuras deportivas de deporte e de ocico e planificación e promoción da ocupación do tempo libre dirixido aos diferentes colectivos da veciñanza municipal.
Área de Desenvolvemento Económico, Formación e Participación Veciñal
María del Pilar Barja Val
3ª Tenente de alcaldía
Competencias:.
No eido do desenvolvemento económico, correspóndelle a esta área a xestión de plans de formación doutras admnistracións públicas, programas de cooperación en materia de emprego doutras administracións, a xestión das políticas municipais tendentes á dinamización e potenciación da vida económica local -comercio-, as políticas municipais en materia de industria, turismo e promoción dos valores turísticos do Concello, a fixación dos obxectivos para a promoción de actividades económicas do Concello, as relacións cos axentes sociais na percura de políticas integrais de desenvolvemento e fomento de actividades económicas, en concreto, do parque empresarial municipal.
No eido da Formación, correspóndelle o seguemento dos Plans de formacion doutras administracións.
En materia de Paticipación Veciñal, correspóndelle a política de información ao cidadá, políticas municipais de participación cidadá a través dos instrumentos previstos no Regulamento orgánico municipal.
Área de Medio Ambiente, Equipamentos Públicos e Seguridade
José Ramón Lorenzo Carou
4ª Tenente de alcaldía
Competencias:.
No eido de Medio Ambiente, correspóndelle a xestión das políticas municipais de medio ambiente: sensibilización e fomento da conciencia medioambiental, políticas transversais de sostibilidade ambiental, planificación de espazos públicos e redifinición dos espazos públicos existentes; e os expedientes administrativos relacionados con este área.
No eido dos equipamentos públicos, as competencias municipais en materia de praias, cemiterios, e parques e xardíns, a súa conservación e limpeza; conservación e mantemento de edificios públicos.
A planificación de pequenos investimentos nas materias indicadas nos puntos anteriroes.
Tamén correspóndenlle as competencias en materia de limpeza viaria, rozas e limpeza de edificios públicos. No eido da seguridade, correspóndelle a xestión da seguridade cidadá, protección civil e policía local.
Benestar Social
Integrado na área de Presidencia
María Begoña Calviño Dorado
Competencias:.
Correspóndelle a xestión de programas dos servizos sociais municipais, de atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, política de inmigración, atención á terceira idade, axuda no fogar, dependencia, muller, família, diversidade funcional, e igualdade; sanidade e seguemento da Escola Infantil Municipal.
Servizos municipais
Integrado na área de Infraestruturas, Urbanismo e Réxime Interior.
Pablo Santiso Vázquez
Competencias:.
Mantemento dos servizos básicos municipais de iluminación pública, abastecemento de auga e saneamento, acometidas, recollida de residuos sólidos urbanos. En materia de Patrimonio, correspóndelle a xestión patrimonial do Concello, inventario de bens, dereitos e obrigas, administración e defensa do patrimonio municipal, patrimonio histórico, adquisición de bens por expropiación forzosa, agás nos casos das expropiacións urbanísticas.