Datos xerais

Evento anual organizado polo propio concello que se celebra no antigo campo da feira da parroquia bergondesa de Guísamo, no lugar de Pedras Brancas (GPS 430 17´56.34´´ N – 8º 16´47.23´´), lugar inmellorable para pasar o día en familia.

Neste festival teñen cabida músicas tradicionais, folk, de raices, fusión, etc…. E nel mistúranse actividades lúdicas, de ocio e culturais como xogos populares, obradoiros, espectáculos de maxia, etc.

O festival conta coa colaboración de asociacións, Protección Civil, Cruz Vermella e o Consorcio As Mariñas. Moitas das edicións foron patrocinadas pola Deputación Provincial da Coruña, Xunta de Galicia e GADIS.

Un pouco de historia

As orixes do Festival folk de Guísamo remóntanse a finais da década de 1970, cando un grupo de xóvenes, entre os que se contaba o exalcalde José Fernández Ramos, Pepín, organizaron un festival de música tradicional, para o fomento do folclore galego e en xeral a cultura da nosa terra.

Ata o ano 1986 pasaron por Bergondo artista galegos punteiros naquela época, como Milladoiro, Saraibas, Pablo Quintana, Suso Vaamonde e A Roda, entre outros.

É destacable o carácter gratuíto que desde sempre tivo este Festival. Ofrecer actuacións de calidade supoñía para o seu comité organizador un grande esforzo económico. Grazas ás achegas por parte do concello e outros organismos públicos e privados este evento mantívose en pe durante case unha década.

Precisamente a súa desafortunada desaparición foi debida principalmente a motivos económicos, xa que o orzamento total durante este período acadaba cifras bastante elevadas para o que entón se soía destinar a acontecementos culturais.

Dende o ano 2000 o Goberno municipal de Bergondo, motivado pola idea de recuperar esta memoria histórica, impulsou directamente a organización dun novo evento cultural de primeira orde que recollera a testemuña da anterior edición do Festival Folk.

O Festival Folk de Guísamo en Bergondo é pois, un referente cultural a nivel comarcal e provincial.

Logotipos

O festival folk conta co seu propio logotipo.

Logotipo anos 80

Logotipo dende 2016

Carteis do festival

Estes son os carteis de todas as edicións do Guísamo Folk dende o ano 2000.