PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL En deuda con todas.
Venres 8 de novembro ás 19h.
Edificio A Senra
Programación outono cultural 2024
+ Info 981 79 12 52 (ext. 4) Serezabel Rodríguez
No Salvador, interromper o embarazo de forma legal e segura, é practicamente imposible desde 1998. Coa reforma ao Código penal, El Salvador converteuse nun dos últimos países no mundo que mantén unha prohibición total ao redor do aborto. Desde entón, as mulleres salvadoreñas son obrigadas a continuar con embarazos aínda cando estes sexan resultados de violación, mesmo cando está en risco a súa vida ou a súa saúde, ou cando se diagnostican malformacións xenéticas graves que fan inviable a vida fóra do útero. Acusadas de provocar abortos aínda sen evidencias ou mesmo cando as evidencias mostren o contrario.
Desde este retroceso legal, o Estado salvadoreño ignorou os acordos internacionais, fixo caso omiso aos chamados de organismos expertos en saúde e dereitos humanos como a OMS ou ONU Mulleres que sosteñen que a prohibición total do aborto é unha grave violación aos dereitos humanos e urxiron aos Estados para modificar os seus marcos normativos para eliminar a criminalización por aborto que afecta as mulleres en xeral, pero sobre todo ás menos atendidas, ás que se atopan en situación de vulnerabilidade e ás que teñen menos oportunidades de saír adiante.
De acordo co código penal vixente, as mulleres en situacións de aborto poden ser sentenciadas ata 8 anos de cárcere, ou ata 50 cando son acusadas de “homicidio agravado”. Criminalizando e encarcerando, mesmo, ás mulleres que sofren abortos espontáneos.
Partindo da proxección do documental En Deuda con Todas , onde se aborda a vulneración dos dereitos sexuais e reprodutivos no Salvador por parte do Estado e a loita do movemento feminista salvadoreño para esixir a súa consecución baixo un novo marco lexislativo que non sexa punitivista, xérase un espazo de reflexión sobre a necesidade de visivilizar os dereitos sexuais e reprodutivos e o papel que temos todas as persoas en que se cumpran.
Tomamos como punto de partida o caso da loita feminista no Salvador para falar dunha das loitas prioritarias para os feminismos, o dereito a decidir, e a súa contextualización no Estado español: a situación actual, os avances e os retos pendentes, resaltando a importancia da solidariedade entre os movementos de mulleres e feministas para a construcción de sociedades máis democráticas, equitativas e inclusivas.

