- Que é un PIC?
Os puntos de información catastral nacen para dar resposta á crecente demanda de información catastral daquelas persoas que non dispoñen dos suficientes medios ou coñecementos informáticos.
O PIC de Bergondo leva en funcionamento dende o ano 2007 e ofrece tódalas vantaxes da Oficina Virtual do Catastro.
Servizos que presta:
Datos catastrais non protexidos: Calquera pode solicitar o servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía catastral. Non se require formalidade algunha.
Datos catastrais protexidos: Os titulares catastrais deberán identificarse e asinar unha solicitude de acceso. No caso de que ser trate de representantas autorizados, éstes deberán presentar un consentimento expreso, específico e por escrito do afectado.
Taxas
— Por cada certificación catastral literal expedida polo Punto de Información Catastral, agás as certificacións negativas que non devengarán taxa algunha: 8,00 euros
— Por cada certificación catastral descritiva e gráfica expedida polo Punto de Información Catastral: 14,00 euros