Foto antiga do Pazo de Mariñán
Postal (principios s. XX) da Casa Láncara (presentada por Magdalena Calviño González, ó concurso de fotografía do concello, no ano 2004)

 

Breve historia do Pazo de Mariñán

O Pazo de Mariñán é coñecido tamén como Pazo de Láncara, Quinta de Bergondo, Pazo de Bergondo ou Casa de Láncara.

As orixes do pazo están nunha fortaleza militar mandada edificar no século XV por Gómez Pérez das Mariñas, que recibíu por concesión do rei de Castela, Juan II, o señorío vitalicio das Mariñas no século XV. Gómez Pérez casou con Teresa de Haro, pertencente a unha familia da nobreza vizcaína. Os sucesivos donos e señores do pazo emparentaron con diversas familias nobres galegas: os Ribadeneira, Lemos, Oca e Suárez de Deza; éstos últimos posuían a Casa de Láncara en Lugo, e deste modo foron fusionadas a Casa de Mariñán e Láncara.

Co paso dos séculos a primtiva fortaleza foise convertindo nunha construcción civil para uso residencial das familias da nobreza galega ás que pertenceu, ata chegar ó século XX, cando Gerardo Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, coñecido como Gerardo Láncara, o non ter sucesión directa legou no ano 1936 o conxunto á Deputación da Coruña, que actualmente o ven dedicando a actividades socioculturais.

Do século XVIII (cando se construiron os suntuosos pazos galegos) datan as dúas escalinatas do Patio de Armas, e a que descende ós xardíns, adornadas con remates e esculturas labradas en granito.

Os xardíns de escola francesa están formados con mirtos recortados, debuxando complicados encaixes de precisas xeometrías. Destacan árbores de especies raras e exóticas, entre as que se atopa un pequeno bosque de eucaliptos, que foron dos primeiros en chegar a Galicia, da man do obispo de Nova Nursia (Australia), Frei Rosendo Salvado.

Hai fontes nas que se misturan elementos barrocos e neoclásicos de estilo compostelán.


DATOS

  • Horarios de visitas
    • Visita ós xardíns: De 11:00 a 19:00 horas. Visita libre.
    • Visita ó interior: De 11:00 a 18:00 h. Visitas guiadas cada 45 minutos; a derradeira é ás 17:00 h.
  • Prezo: Gratuito
  • Dirección: Mariñán 15165 Bergondo
  • Telf. atención a visitantes: 663 249 973
  • Email: pazo.marinan@dacoruna.gal

DOCUMENTACIÓN

    • Fidalgos do Pazo de Mariñán (fonte: arquivo da Deputación da Coruña)
      Descargar (1.07 mb)
    • Curiosidades da herdanza de Gerardo Láncara, o derradeiro fidalgo do Pazo de Mariñán (fonte: arquivo da Deputación da Coruña)
      Descargar (1.1 mb)
    • Goy Diz, Ana: “La imagen del poder señorial en el mundo rural en la época barroca: el Pazo de Láncara”. Semata. Ciencias sociais e humanidades, vol. 9, Santiago de Compostela, 1998, pp. 449-470
      Descargar (5.41 mb)
    • Durán Salgado, Miguel: “Los jardines del Pazo de Mariñán”. Anuario Brigantino, 1949
      Descargar (839.58 kb)
    • Decreto 2687/1972, de 5 de outubro, polo que se declara conxunto histórico-artístico o Pazo de Láncara ou Mariñán (A Coruña) cos seus parques e xardíns.
      Descargar (72.7 kb)

ENLACES DE INTERESE