
Horario: de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas (con servicio en sala) e de 15:00 a 21:00 horas (sen servicio en sala).
Localización: Edificio A Senra.
A meirande parte da colección infantil e xuvenil atópase no Multiusos da Senra, que conta tamén cun espazo específico para o público infantil.
O servizo de biblioteca en sala está dispoñible só no horario de mañá. Para levar material en préstamo no horario de tarde será preciso contactar previamente coa persoa encargada das instalacións. A sala está a disposición da poboación no horario indicado, non obstante, neste mesmo espazo realízanse ao longo da semana outras actividades organizadas polo concello, polo que de coincidir coas mesmas deberá respectarse o seu axeitado desenvolvemento.
Bebeteca
A Bebeteca é unha sección, dentro da Biblioteca infantil, onde poderás atopar diversos materiais para que o teu bebé disfrute:
Libros en diferentes e atractivos soportes: tea, plástico, cartoné, etc., e con formas e tamaños variados: troquelados, desplegables, grandes, pequenos…
Libros resistentes para leva ó baño, á cama ou xogar on eles, para coñecer animais ou as cousas de cada día, para aprender os contos tradicionais ou os novos… En definitiva, para disfrutar con eles!.
Apenas teñen texto e o que predominan son as cores, ilustracións e formas, coa intención de estimulalos, para que o libro e as historias lles cheguen por todos os sentidos.
DVDs para desenvolver o potencial creativo dos bebés e dos nenos pequenos, axudándolles a explorar o mundo que lles rodea a través da linguaxe, da poesía, da música, da arte, etc.



