- O urbanismo en Bergondo está regulado polas Normas Subsidiarias de Planeamento (NSP), así como as posteriores modificacións puntuais das mesmas. A documentación está dispoñible na páxina web de Planeamento urbanístico da Xunta de Galicia.
As NSP foron aprobadas pola Comisión Provincial de Urbanismo, en sesión de 28 de outubro de 1992, e publicadas no BOP núm. 2, de 4 de xaneiro de 1993.
O Plan Xeral de Ordenanción Municipal
Actualmente están contratados os servizos de redacción PXOM coa unión temporal de empresas (UTE) de Jornet-Llop-Pastor SLP, María Ríos Carballeira e Gabriel Jubete i Andreu.
Esta empresa abríu un portal web específico Bergondo Participa, que pretende a implicación cidadá no proceso previo á redación do Plan.
Todo o referente á contratación deste servizo pódese consultar na Plataforma de contratos públicos de Galicia