Febreiro

  Martes de Entroido. Data variable. Festivo oficial no concello (non laborable).

  Entroido pequeno e Festa da Orella. Celébrase o sábado seguinte ó martes de entroido, no recinto do multiusos A Senra. Está organizado polo concello.

Maio

  Semana das Letras Galegas. Celébrase a semana do 17 de maio, no recinto do multiusos A Senra. Está organizada polo concello.

Xuño

  Festas de San Xoán de Lubre. Celébranse o venres, sábado e domingo ó redor do día 24, na parroquia de Lubre. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

  Festas de San Xoán de Ouces. Celébranse o venres, sábado e domingo ó redor do día 24, na parroquia de Ouces. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

Xullo

  Festas de Santa Mariña de Rois. Celébranse o terceiro fin de semana do mes, na parroquia de Rois. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

  Festas do Santiago do Pedrido. Celébranse o venres, sábado e domingo ó redor do día 25, na Pasaxe do Pedrido, parroquia de Moruxo. Están organizadas pola comisión de festas de Fiobre-Moruxo-Pedrido.

  Festas de Santa Marta. Celébranse ó redor do día 29, na parroquia de Santa Marta de Babío. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

  Festas de San Pedro Félix. Celébranse o derradeiro fin de semana do mes de xullo ou o primeiro de agosto, na parroquia de Vixoi. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

  Romaría de Santa Marta. Celébrase o primeiro domingo despois de Santa Marta, 29 de xullo, no Adro da igrexa desta parroquia. Está organizada polo concello.

Agosto

  San Roque. Festivo oficial no concello (non laborable).

  Festival folk. Celébrase o derradeiro sábado do mes, no campo da Feira de Guísamo, lugar de Pedras Brancas. Está organizado polo concello.

Setembro

  Festas de San Ramón. Celébrase o primeiro fin de semana despois do 31 de agosto, festividade de San Ramón e durante 5 días, na parroquia de Guísamo. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

  Festa da empanada. Celébrase o terceiro sábado do mes, no lugar de Tatín, parroquia de Ouces. Está organizada polo concello.

  Festa da Fragachán. Celébrase o terceiro fin de semana do mes, no lugar de Tatín, parroquia de Ouces. Está organizada pola comisión de festas de San Xoán de Ouces.

  Festa da Virxe das Dores. Celébrase a finais de mes, na parroquia de Cortiñán. Está organizada pola comisión de festas parroquial.

Podes consultar máis información sobre as Festas de Bergondo dentro da sección “Descubre Bergondo”