- Que é a Protección Civil?
“A protección civil é un servizo público en cuia organización, funcionamento e execución participan as diferentes Administracións Públicas, así como outros actores que están involucrados na xestión do risco, entros os que adquiren un singular protagonismo os propios cidadáns. […]
As Comunidades Autónomas, dentro do seu marco de competencias, teñen atribuidas a dirección e coordinación das emerxencias producidas nos seus ámbitos territoriais, agás naquelas emerxencias que sexan declaradas de interese nacional.”
Fonte: Dirección General de Protección Civil y Emergencias (traducido ó galego)
A creación da Agrupación Local de Protección Civil de Bergondo data de finais do ano 1995. O seu regulamento definitivo aprobouse no 2001. Dende entón moitas persoas volulntarias teñen realizado infinidade de servizos e actuacións dentro e fora do noso municipio.
Actualmente a Agrupación a compoñen 20 voluntarios. Grazas ó seu esforzo, e dos anteriores que pasaron por este servizo, este colectivo gozou sempre da cofianza e apoio de tódolos veciños de Bergondo.
A formación constante grazas á disposición de medios para levala a cabo, é fundamental para continuar avanzando e seguir prestando apoio alí onde sexa necesario.