As asociacións son agrupacións de persoas constituidas para realizar actividades colectivas de forma estable, organizadas democráticamente, sen ánimo de lucro.
As asociacións teñen personalidade xurídica dende o momento mesmo da súa constitución.
O Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais (REMAV) do concello de Bergondo ten como obxectivo coñecer o número de entidades existentes no mesmo, facilitando as relacións entre estas e co concello.
O REMAV é independiente dos Rexistros Nacional e Autonómico, onde as entidades deben figurar inscritas para poder darse de alta no REMAV. Se queres formalizar a inscrición no REMAV, podes facelo na seguinte ligazón da sede electrónica: https://sede.
Segundo o tipo de asociacións, o procedemento para a inscrición no Rexistro Autonómico é diferente.
ASOCIACIÓNS DE CARÁCTER XERAL
Info: https://
Ligazón á sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/
Que documentos teño que presentar? (podes descargar os modelos dende este enlace: https://
1. Solicitude de inscrición inicial (modelo PR308A): formulada por unha das persoas fundadoras da asociación, dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
2. Acta funcional : un exemplar orixinal firmado por todas as persoas promotoras ou fundadoras, onde consten os seguintes datos:
-Nome e apelidos das persoas promotoras da asociación, se son persoas físicas; a denominación ou razón social, se son persoas xurídicas; e, en ambos casos, a nacionalidade, domicilio e documento de identidade.
-Expresión da vontade de constituír unha asociación, a denominación desta, que será coincidente coa sinalada nos estatutos.
-Lugar, data e firma das persoas promotoras ou, no caso de persoas xurídicas, dos seus representantes.
-Identificación das persoas que integra o órgano provisional de representación ou xunta directiva.
3. Estatutos: un exemplar orixinal firmado por todas as persoas promotoras ou fundadoras, redactado co contido mínimo establecido no art. 7 da Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo.
4. Outra documentación:
-No caso de promotores personas xurídicas, deberán presentar certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que conste a vontade de constituír a asociación, formar parte dela e a designación da persoa física representante, que coincidirá coa que participe no acto constitutivo.
-No caso de promotores menores non emancipados maiores de 14 anos deberán acreditar documentalmente o consentimento a persoa que deba suplir súa capacidade, sen prexuízo previsto para as asociacións infantís, xuvenís ou de alumnos.
5. Autorización para a comprobación dos datos de identidade das personas promotoras.
6. Copia do NIF da asociación.
7. Xustificante do pago da taxa ( Código 30.39.01)
8. A que rexistro teño que dirixirme?
-REXISTRO CENTRAL DE ASOCIACIÓNS, adscrito á Secretaría Xeral Técnica de Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Servizo de Entidades Xurídicas y Corporativas
Edificio Administrativo San Caetano, s/n – 15781 Santiago de Compostela
Telf.: 881 995 466 / 881 995 467
Correo-e: rexistro.
-REXISTRO PROVINCIAL DE ASOCIACIÓNS, adscrito á xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
A Coruña
Servizo de Xestión Técnico-Administrativa
Telf.: 981 185 765 / 981 184 486
Correo-e: asociacions.coruna@
ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS
Info: https://deporte.xunta.
Ligazón á sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.
QUÉ DOCUMENTOS TEÑO QUE PRESENTAR?
Antes de nada, deberás obter do Redega unha certificación acreditativa de que non figura inscrita outra entidade coa mesma denominación (podes facelo a travás da seguinte ligazón: PR004A – Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado. – Sede Electrónica – Xunta de Galicia )
Podes descargar os modelos dende este enlace:https://deporte.xunta.
1. Solicitude de inscrición: modelo normalizado PR946A
-Razón social: cubrirase coa denominación autorizada polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
-O club debe estar en posesión dun NIF expedido pola EAT para as persoas xurídicas. No caso de non dispoñer do NIF, deixarase sen cubrir este apartado e actuarase por medio dunha persoa representante, que se identificará e asinará a solicitude na sede electrónica.
-Considérase suficiente a representación pola persoa que figura como presidente/a na acta da constitución que presente a entidade.
2. Acta de constitución, asinada por un mínimo de 5 persoas promotoras, físicas ou xurídicas. Na acta debe constar:
-Identificación das persoas promotoras, domicilio e NIF.
-Expresión da vontade de constituír un club e a súa denominación, que terá que coincidir coa sinalada nos estatutos.
-Lugar, data e sinatura das persoas promotoras.
-Identificación das persoas que integran o órgano provisional de representación ou xunta directiva.
-O prazo para solicitar a inscrición será de 2 meses dende o seu otorgamento
3. Estatutos asinados por todas as persoas promotoras, e redactados co contido mínimo establecido no artigo 47 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia.
4. Acta de aprobación dos estatutos, onde conste a data de aprobación dos estatutos,asinada polas persoas titulares da presidencia e da secretaría.
5. Relación de membros da xunta directiva. Nome e apelidos, NIF, teléfono e correo electrónico. Debe estar asinado por cada membro para a aceptación expresa do cargo.
6. Protocolo aprobado de protección de nenos, nenas e adolescentes (NNA) fronte á violencia no deporte.
7. Autorización para a comprobación de datos de identidade das persoas promotoras e dos membros da xunta directiva, no seu caso (anexo II)
8. Documento acreditativo da representación, no seu caso.
9. No caso de persoas xurídicas promotoras, deben presentar a certificación do acordo do órgano competente para constituír a entidade e da designación da persoa física representante.
10. Xustificante do pago da taxa (código 30.02.00). O pagamento da taxa poderá realizarse:
-En liña, durante a tramitación do procedemento PR946A.
-En calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, coa presentación do documento de pago corrrespondente, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia (OV Tributaria – ATRIGA ) . Neste caso, deberá cubrirse cos códigos que se indican a continuación e achegar o xustificante de pago coa solicitude PR946A.
A solicitude de inscrición (PR946A) debe dirixirse a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
-Entidades con domicilio social na Coruña: A12033314-Servizo de Deporte da Coruña
OUTRA INFORMACIÓN
OBTENCIÓN DO NIF
Antes, solía empregarse o termo CIF para persoas xurídicas e NIF para persoas físicas. Sen embargo, NIF é o termo xenérico que engloba todo.
O prazo para solicitalo é dun mes dende a constitución da entidade. Sen embargo, é necesario contar coa resolución da inscrición da asociación. O rexistro pode tardar máis, dependendo de varios factores. Se o precisamos de forma inmediata poedemos pedir un provisional e unha vez a asociación esté efectivamente inscrita, pasamos a solicitar o definitivo (mantense o mesmo número). Se podemos esperar entón podemos esperar ao rexistro correspondente e solicitar directamente o definitivo.
Para solicitalo debemos cubrir o modelo 036 (https://www2.
– Acta de constitución e estatutos.
– Certificado de inscrición no rexistro.
– Copia do NIF da persoa que firma a declaración censal, que ten que ser un representante da entidade.
– Documento que acredite a capacidade de representación de quen firma a declaración censal (non necesario se figura como tal no acta de constitución ou nos estatutos)
Info sobre o procedemento:
https://sede.
LEGALIZACIÓN DE LIBROS: Todas as asociación teñen o deber de legalizar os libros no rexistro.
- LIBRO DE ACTAS: Trátase dun libro de follas numeradas ,onde se recollerán as sesión celebradas polos órganos de gobernó da asociación, facendo referencia aos acordos adoptados nelas. As actas recolleranse durante o desenvolvemento das sesión e presentaranse na seguinte reunión do órgano para dar paso á súa aprobación. Sendo o primeiro punto da orde do día a lectura e aprobación do acta da reunión anterior.
- LIBRO DE SOCIOS: Onde se rexistran as persoas asociadas. Neste libro recóllense as altas e baixas dos socios.
- LIBRO DE CONTABILIDADE: É o libro onde deben rexistrarse todos os movementos económicos (ingresos e gastos) que realiza a asociación.