As festas locais máis destacadas do concello de Bergondo son:

febreiro:

Martes de Entroido. Data variable. Festivo oficial no concello (non laborable).

Entroido pequeno e Festa da Orella. Celébrase o sábado seguinte ó martes de entroido, no recinto do multiusos A Senra. Está organizado polo concello.

maio:

Semana das Letras Galegas. Celébrase a semana do 17 de maio, no recinto do multiusos A Senra. Está organizada polo concello.

xuño:

Encontro dos nosos maiores. Celébrase dende o ano 2000 o primeiro domingo do mes de xuño. Trátase dunha xuntanza de arredor de 800 maiores do noso concello, que se reúnen para pasar un día de confraternnidde e festa. Está organizado polo concello.

Festas de San Xoán de Lubre. Celébranse o venres, sábado e domingo ó redor do día 24, na parroquia de Lubre. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

Festas de San Xoán de Ouces. Celébranse o venres, sábado e domingo ó redor do día 24, na parroquia de Ouces. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

xullo:

Festas de Santa Mariña de Rois. Celébranse o terceiro fin de semana do mes, na parroquia de Rois. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

Festas de Santiago do Pedrido. Celébranse o venres, sábado e domingo ó redor do día 25, na Pasaxe do Pedrido, parroquia de Moruxo. Están organizadas pola comisión de festas de Fiobre-Moruxo-Pedrido.

Festas de Santa Marta. Celébranse ó redor do día 29, na parroquia de Santa Marta de Babío. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

Festas de San Pedro Félix. Celébranse o derradeiro fin de semana do mes de xullo ou o primeiro de agosto, na parroquia de Vixoi. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

Romaría de Santa Marta. Celébrase o primeiro domingo despois de Santa Marta, 29 de xullo, no Adro da igrexa desta parroquia. Está organizada polo concello.

Nalgúns dos documentos en pdf situados á dereita desta páxina, pódense consultar datos históricos ou curiosidades relacionadas con Santa Marta ou coa Romaría.

agosto:

San Roque. Festivo oficial no concello (non laborable).

Festival Folk. Celébrase dende o ano 2000, o derradeiro sábado do mes, no campo da Feira de Guísamo, lugar de Pedras Brancas. Está organizado polo concello.

setembro:

Festas de San Ramón.. Celébrase o primeiro fin de semana despois do 31 de agosto, festividade de San Ramón e durante 5 días, na parroquia de Guísamo. Están organizadas pola comisión de festas parroquial.

Festa da empanada. Celébrase dende o ano 2002, o terceiro sábado do mes, no lugar de Tatín, parroquia de Ouces. Está organizada polo concello.

Festa da Fragachán. Celébrase dende hai máis de 100 anos (de xeito intermitente), o terceiro fin de semana do mes, no lugar de Tatín, parroquia de Ouces. Está organizada pola comisión de festas de San Xoán de Ouces.

Festas da Virxe das Dores. Celébrase a finais de mes, na parroquia de Cortiñán. Está organizada pola comisión de festas parroquial.