Canles de comunicación do concello de Bergondo cos usuarios/interesados

Ademais da canle tradicional (correo postal), dende outubro de 2017, o concello de Bergondo pode enviar notificacións, comunicacións, requerimentos, etc. vía telemática. 

O concello de Bergondo está adherido á plataforma de notificacións electrónicas da Xunta de Galicia: Notifica.gal

Para que o usuario destinatario poida recibir nesta plataforma as comunicacións do concello, ten que cumplir estes requisitos:

  • Estar en disposición dun certificado electrónico ou do sistema Chave365
  • Estar dado de alta en Notifica.gal
  • Elexir a opción da canle telemática cando se presenta a solicitude por rexistro, outorgando permiso ó concello para que lle de de alta nesa plataforma no seu lugar.

Hai algúns usuarios que están obrigados por lei a relacionarse electrónicamente coas administracións públicas.

Para máis información:

  • Acceder a Notifica.gal
  • Descargar estes tutoriais informativos: