Como presentar un escrito no concello de Bergondo?

Se queres iniciar algún trámite administrativo, achergar documentación dentro de un trámite ou facer unha reclamación, queixa, suxestión,etc., tes á túa disposición os seguintes medios:

Telemático:

(imprescindible estar en posesión dun DNI electrónicocertificado electrónico ou do sistema Cl@ve)

  • Sede electrónica municipal (PREFERENTE). Nesta sede electrónica encontrarás servizos moi útiles relacionados con trámites administrativos: podes descargar volantes e certificados de empadroamento, inscribirte en actividades culturais, deportivas, solicitar licenzas de obras, etc.
  • Rexistro Electrónico Común

Presencial:

  • No rexistro xeral do concello de Bergondo (consultar horario na parte dereita deste apartado web).
  • Dende calquer outra oficina de rexistro que estea dada de alta no Sistema de interconexión de Rexistros (SIR)
  • Vía administrativa: casos nos que é obrigatorio relacionarse electrónicamente coas Administracións Públicas (Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento administrativo común das Administracións Públicas)

Para comunicacións fóra da vía administrativa, tes dispoñible as nosas redes sociais e a app “Bergondo Contigo” para aviso de incidencias,e moito máis…..Descárgaa gratis!.