Este tempo rematouse de construir, segundo unha inscrición, no ano 1248, ainda que o que se pode ver hoxe en día é o resultado dunha importante reconstrucción no século XVIII.
Conserva un sartego medieval sobre 4 columnas con imaxen xacente vestida cun traxe sacerdotal e cunha inscrición bilingüe (galego medieval e latín) do século XIII: ERA MCCCXXV -ano 1287 da nosa era- AQUIJAS FERNAN PEREZ DE OCES QUE FECIT ECLESIAM POLA SUA ALMA PARTER NOSTER.
No interior da igrexa gárdase un viril de 1674, un cálice de prata, agasallo de Fernando VI no ano 1753 por mediación da Condesa de Lemos, e unha imaxe da Virxe das Dores do século XVIII.
En canto a uns elementos arquitectónicos de pedra situados no adro da igrexa e reutilizados como bancos, case tódalas publicacións afirman que se trata de lápidas de antigos sartegos medievais, e somente na revista núm. 4 de “O Adro”, da Asociación Colabora con Bergondo (xa desaparecida), fan un comentario ó respecto, indicando que en realidade se trata “dunha doación de pezas de cantería efectuada pola familia Herce de Rodolfiño”.