O Concello de Bergondo cumpre co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 (RGPD) e Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), así como a normativa vixente en cada momento, velando por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario.

É por isto que, a presente Política de Privacidade ten como obxecto informar sobre o tratamento de datos de carácter persoal que, o Concello de Bergondo, efectúa neste sitio web, sede electrónica e en calquera das súas subdominios, microsites e/o aplicacións móbiles.

A persoa titular será informada, con carácter previo á recollida dos seus datos, dos extremos xerais regulados nesta política conforme aos seguintes aspectos:

  1. QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS PERSOAIS?

O responsable dos teus datos é o CONCELLO DE BERGONDO.

Dirección postal: Estrada da Coruña 12, 15165 Bergondo, A Coruña

Teléfono: 981.791.252

Email de contacto DPD: dpd@bergondo.gal

O artigo 37.1 do Regulamento UE 2016/679 Xeneral de Protección de Datos (RGPD), establece que as autoridades e organismos públicos teñen a obrigación de designar a un Delegado de Protección de Datos (DPD). Conforme ao citado artigo, o Concello de Bergondo designou o seu DPD en AEPD (Axencia Española de Protección de Datos) como pode consultar en Consulta DPD

  1. PARA QUE TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Os datos que nos facilitas, así como calquera outros xerados durante o desenvolvemento da relación coas persoas usuarias, podémolos tratar para distintas finalidades en función dos servizos municipais que sexan obxecto de prestación e, en todo caso, para manter o contacto e a comunicación con estas.

No seu caso, finalidades máis explícitas e concretas poden indicarse nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, locuciones ou carteis e notas informativas) para supostos concretos.

A relación actualizada das actividades de tratamento que o Concello de Bergondo leva a cabo atópase dispoñible na seguinte ligazón ao  Rexistro de actividades de tratamento

  1. CAL É A BASE XURÍDICA QUE LEXITIMA O TRATAMENTO DOS TEUS DATOS PERSOAIS?

O tratamento dos datos dos usuarios realízase no cumprimento de obrigacións legais que corresponden ao Concello de Bergondo, o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, a protección de intereses vitais, a execución dun contrato, e/o pode estar tamén baseada no consentimento das persoas interesadas, que haberá de ser prestado mediante unha clara acción afirmativa. Cando o tratamento se basee no consentimento, o interesado terá dereito a retiralo en calquera momento sen que iso afecte á licitud do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

  1. POR CANTO TEMPO CONSERVAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Os teus datos persoais serán conservados durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento correspondente, salvo que deban conservarse con fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos, e ata que se cumpriu o prazo de prescrición de posibles responsabilidades nadas do tratamento.

De modo que o prazo de conservación dos teus datos persoais dependerá do especificado para cada tratamento, así como o establecido na normativa de arquivos e documentación.

  1. A QUEN LLE PODO COMUNICAR OS TEUS DATOS PERSOAIS?

O Concello de Bergondo traballa en coordinación con outras Administracións Públicas locais, autonómicas ou estatais con competencias en materias similares ou equivalentes ás desenvolvidas polas distintas concellerías, polo que é necesario o intercambio de datos con fins de acreditación, investigación, informativos ou evitar duplicidades na prestación de servizos e axudas, ademais da cooperación con xuíces e tribunais cando estea obrigado ou sexa requirido para iso.

As Administracións Públicas, por outra banda, están suxeitas a un principio de transparencia regulado en normas xurídicas que obrigan a facer pública a información necesaria que permita a máis ampla participación da cidadanía e dea visibilidade á actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. En todo caso o Concello de Bergondo procederá respectando sempre o equilibrio entre a transparencia e o dereito á protección de datos persoais.

  1. CALES SON OS TEUS DEREITOS EN PROTECCIÓN DE DATOS E COMO PODES EXERCELOS?

A través desta ligazón da nosa sede electrónica, podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición ao seu tratamento, portabilidade e limitación dos teus datos, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos teus datos, cando procedan, mediante escrito acompañado do DNI do interesado ao Concello de Bergondo, dirixido ao Rexistro Xeral: Estrada da Coruña, 12 15165 Bergondo, A Coruña; ante calquera dos puntos de rexistro de entrada do Concello, ou por correo electrónico á dirección electrónica: dpd@bergondo.gal . Este correo só funciona a efectos de información ou consulta. O exercicio dos dereitos en materia de protección de datos ha de presentarse en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Igualmente poderás formular reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos sita en C/ rúa Jorge Juan, 6, 28001, Madrid ou mediante a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

  1. CALES SON AS NOSAS MEDIDAS DE SEGURIDADE?

O Concello de Bergondo é consciente da preocupación do usuario pola seguridade, por iso optou por implementar os niveis de seguridade adaptado aos riscos das operacións de tratamento para o adecuado funcionamento, funcionalidades e dos seus servizos a Web , preservando a integridade e seguridade dos datos e informacións almacenadas co fin evitar a perda, alteración ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, natureza, alcance, fins e contexto dos datos almacenados e os riscos aos que estean expostos xa proveñan da acción humana ou de medio físico ou natural.

  1. O CONCELLO EN RRSS

O Concello de Bergondo ten presenza en redes sociais. Se te fas seguidor nas redes sociais do Concello, o tratamento dos datos persoais rexerase por este apartado, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e que aceptaches previamente. Podes consultar as políticas de privacidade das principais redes sociais nestas ligazóns:

Facebook   

X 

Youtube

Flickr

O Concello tratará os teus datos persoais coa finalidade de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informarche das súas actividades, produtos ou servizos, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan.

En ningún caso o Titular utilizará os perfís de seguidores en redes sociais para enviar publicidade de maneira individual.