Inserción e orientación laboral

As tarefas a desempeñar dentro de este obxectivo pódense sintetizar nas seguintes:

 Orientación laboral para aquelas persoas que pretendan incorporarse ó mercado laboral

 Busca de emprego: Servir de enlace entre as ofertas de emprego que poidan xurdir nas empresas e os desempregados do Concello.

 Asesoramento sobre aspectos socio-laborais.

 Creación dunha base de datos actualizada dos desempregados do Concello.

 Execución de programas especiais para a inserción laboral de colectivos con dificultades: mulleres, discapacitados, parados de longa duración, mozos/as…

Promoción económica

O obxectivo de promoción económica é unha pretensión que ten unha influencia directa sobre tódalas tarefas a levar a cabo polo técnico de emprego.Trátase nunha tarefa moi xenérica que se concreta nas seguintes accións:

 Informar, asesorar e acompañar a quen teña a intención de crear unha empresa: ¿forma xurídica máis adecuada?, ¿financiación?, ¿viabilidade?, etc.

 Elaborar un censo empresarial para poder dar unha mellor resposta ás necesidades das nosas empresas.

 Buscar e asesorar sobre subvencións e axudas para as empresas.

 Formar e titorizar proxectos de emprendedores.

 Axudar ó autoemprego.

 Promocionar o Polígono industrial de Bergondo.

 Promocionar e fomentar o turismo: xornadas, eventos, feiras, etc.