Os Puntos Limpos funcionanan como centros de achegamiento voluntario para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

Que se depositar no Punto Limpo xeral?

 Residuos de madeira (mobles, caixas, madeiros, etc.)

 Metais (de ferralla e non ferralla) e residuos eléctricos e electrónicos (REE) da liña branca (lavadoras, frigoríficos, etc.)

 Residuos eléctricos e electrónicos (REE) da liña marrón (televisores, audio vídeo, Hl-FI, etc.,) e da liña gris (ordenadores, impresoras, teclados, periféricos diversos, etc.).

 Outros (colchóns, somieres, etc.).

Se vostede non se pode desprazar ó Punto Limpo, pode charmar ó teléfono 981 795 524, para contactar co servizo de Recollida domicilaria de enseres e voluminosos.


Non se poden depositar no Punto Limpo os seguintes materiais:

 Produtos da transformación industrial, escorias e cinzas producidas nas fábricas, talleres, almacéns e instalacións industriais.

 Residuos orgánicos de hospitais, clínicas e centros asistenciais que sexan punzantes ou cortantes ou calquer outro tipo de residuo que presente contaminación biolóxica ou química.

 Calquera clase de residuo que entre na clasificación de residuos tóxicos e/u perigosos e que non estea especificado neste plan.

 Residuos radioactivos.

 Escombros procedentes das obras públicas ou particulares.

 Os non comprendidos no apartado anterior e, en particular, aqueles que pola súa constitución poidan variar ou deteriorar os mecanismos de recollida do camión: bloques, masas, ferros, pedras, madeiros, escombros, etc.;e tamén os líquidos pastosos e/ou inflamables.

 Residuos que non aparezan dentro da clasificación de urbanos na Lei de residuos 10/98 do 21/04, ou calquera outra Lei posterior que poidera derrogar á mencionada.

 Ademaís dos servizos xa mencionados, aqueles que, en circunstancias especiais, determinen os Servizos Técnicos do Consorcio.

Non se recollen a domicilio aqueles residuos que polo seu volumen, peso e cantidade non sexan asimilables a domésticos, como poden ser os envases, envoltorios plásticos, produtos ou subprodutos procedentes das actividades industriais, centros comerciais, talleres, etc., sendo obriga dos produtores destes residuos a súa recollida e transporte á área correspondente de tratamento, ben directamente ou a través de xestor debidamente autorizado.