Bergondo en feminino
Proxecto de visibilización das mulleres históricas de Bergondo: das pioneiras, das esquecidas, das invisibles, das rebeldes, das que abriron camiño
Bergondo en feminino é un proxecto impulsado polo Departamento de servizos sociais municipais para a sensibilización en materia de igualdade de xénero, que inicia a súa andadura no ano 2019.
A través dun traballo eminentemente comunitario e de varios procesos de investigación participativa, asociacións locais e veciños e veciñas referentes da comunidade rescataron os nomes de mulleres importantes para a historia deste territorio. Persoas que destacaron polo seu compromiso co ben común, a sororidade e a valentía para rachar cos estereotipos de xénero.
A historia do proxecto






















As vídeo-guías
Pequenas pezas audiovisuais de curta duración, centradas na vida e valores de cada unha das mulleres investigadas ao abeiro deste programa. A través delas poderás descubrir tamén os lugares e patrimonio do municipio.
Replica Bergondo en Feminino!
Todos os territorios merecen coñecer a historia das mulleres que os habitaron e construír os seus referentes locais. Sabendo que non existen receitas máxicas, compartimos algunhas notas de como desenvolvemos esta liña de traballo por se pode inspirar a acción noutros contextos.
Investigar e divulgar a historia invisibilizada das mulleres dun territorio vai traer consigo pequenas pero poderosas transformacións no lugar no que traballamos. Facelo coa implicación activa da comunidade no proceso de investigación, reforza, sen dúbida, estes obxectivos de sensibilización e transformación social.
Outros materiais
Materiais desenvolvidos no marco do proxecto de Bergondo en Feminino para as diferentes actividades e accións, e que recollen parte da historia do proceso.
Agradecementos
Bergondo en feminino non sería posible sen a implicación activa de moitas persoas e colectivos. Non queremos esquecer o apoio de:
Familia e veciñanza das mulleres homenaxeadas · Grupo de Voluntariado de Bergondo · Participantes nos obradoiros, roteiros e demais actividades · CPAP
Na súa confección contou co traballo de profesionais multidisciplinares como:
Rexenerando S. Coop. · Nadina Bértolo · Adrián Van Alten · Iria Fafián · Dores Polo · COMA Comunicación Creativa · Asociación Zona Hadal · Artesa da Moza Crecha · Autocares Gilsanz
Outros agradecementos:
Anhida Coruña (Asociación de Nenos/as con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención), Apem (Asociación Pro Enfermos Mentais), TP Galicia (Asistencia e investigación dos trastornos da personalidade), Aspadisol (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos), Dismacor (Asociación de Pais de Nenos e Persoas con Discapacidade das Mariñas Coruñesas), Aspace (Atención integral a personas con parálisis cerebral), Fundación Mujeres, Asoc. Mirabal, Cogami, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Elas, Pedro Lamas (gaiteiro), Coral Acordes e de Vixoi, Rubén Aramburu, crego San Salvador de Bergondo, Participantes das actividades de envellecemento activo do Concello de Bergondo, Marta Pumares, mestra do CPI Cruz do Sar, Grupo folclórico Os Sobraos de Bergondo, Museo etnográfico de A Capela.

















