Aula Mentor é un programa de formación online non regrada, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e profesionais.
A iniciativa está promovida polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración con outras institucións públicas e privadas tanto nacionais como internacionais.
FUNCIONAMENTO DA AULA MENTOR
Elixe o teu curso. Todos aparecen na páxina web www.aulamentor.es.
Podes realizar os cursos dende o teu domicilio ou dende a Aula Mentor Bergondo.
Administrador da Aula: podes contactar nos teléfonos 981 791 252 ext. 7 de 9:00 a 15:00 horas de luns a venres; 981 794 435 de 16:00 a 21:00 horas de luns a venres; ou no enderezo electrónico bergondo@aulamentor.es
Podes facelo de dúas maneiras.
Matrícula vía correo electrónico (24 h.)
Matrícula presencial nos seguintes horarios:
Casa da Cultura: De luns a venres 10 – 14 h. Martes e xoves de 16 – 18.30 h.
A Senra: De luns a venres 16 – 20.30 h. (excepto nos meses de verán).
Para facela efectiva necesitas:
Descargar este documento que atoparás no fondo desta páxina, cubrilo e enviar a solicitude a bergondo@aulamentor.es
Anexar: Fotocopia do DNI e xustificante de ingreso.
Unha vez todo presentado, acordarás a data de inicio co teu Administrador da Aula Mentor de Bergondo. O prazo de matrícula estará aberto durante todo o ano (excepto en agosto).
Ao matricularte nun curso debes aboar 48€, que che dan dereito a 60 días naturais. Se precisases máis tempo, poderás continuar o curso mediante recargas mensuais de 24€. Tes cursos por 24€.
Deberás facer o pago na entidade ABANCA, no número de conta ES95 2080 0045 9831 1000 0071. O beneficiario será o Concello de Bergondo, o ordenante será o/a alumno/a, e o concepto o curso no que se matricula.
Asistencia á aula nun horario determinado, se o precisas.
Conta de correo e titoría telemática.
Emprego dos recursos da aula.
Unha vez “autorizado para exame”, dispós de dúas oportunidades.
Avaliación final para a obtención do certificado de aproveitamento.
Administrador da Aula: É a persoa encargada da aula e do mantenemento e xestión dos equipos. Informa e orienta sobre os cursos e axuda no manexo dos equipos e acceso á plataforma. Realiza as matrículas e recargas, facilita o “Login” e contrasinal inicial; e establecerá contigo a data de inicio e de exame. Facilita os exames e entrega os certificados de aproveitamento.
Titor: É a persoa que che axudará no seguimento do curso, aclarándoche dúbidas, axudándoche a resolver problemas, orientando, corrixindo prácticas. Podes consultar calquera dúbida ao teu titor, referida aos contidos do curso.
Cada curso ten un número determinado de horas certificadas. A duración do curso é variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumnado.
Tras superar o exame presencial, obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.


