Sen dúbida, un dos principais recursos naturais e turísticos do concello de Bergondo son as súas praias:

 Praia de Gandarío. É a que ten a ocupación máis alta. Tranquila e segura, con bos servicios turísticos (duchas, baños, campings, restaurantes, cafés, etc.).

 Praia do Pedrido. Sita nas marxes esquerda e dereita da Ponte do Pedrido, que une as dúas beiras da ría de Betanzos. Dun lado destaca un amplo areal, e doutro espacios recreativos e servicios turísticos moi completos.

 Praia do Regueiro. Chamada tamén do Penedo. De escasa extensión pero moi fermosa.

 Praia da Cabana. É a máis pequena e a menos frecuentada das catro.