O pazo de Armuño está situado na parroquia de Lubre, e data do século XVIII con reformas modernas. A torre, testemuña da súa orixe militar é o elemento máis antigo, ainda que está moi restaurada.

A esta casa atribúese o referido episodio do Peito Bordel.

Destacan algúns escudos orixinais anteriores á reforma do s. XVIII, pertencentes ás familias dos Figueroa, Bermúdez, Boado, que foron señores de Armuño. Tamén conserva calabozos antigos.