O Pleno é o máximo órgano de goberno municipal e de representación da cidadanía.

Nas sesións plenarias reúnese toda a Corporación para discutir e votar os asuntos máis importantes que afectan ó municipio: orzamentos anuais, proxectos que se van levar a cabo, normas que rexirán o funcionamento do concello, etc.

As sesións están asistidas pola Secretaria e Interventora municipais.

O Pleno está presidido pola Alcaldesa, que é a que establece a Orde do Día, cos asuntos que se van tratar en cada sesión. Tamén é a que dirixe as sesións, dando a palabra e controlando os tempos. A Presidenta pode delegar estas funcións nun concelleiro.

Os membros da oposición exercen un importante papel de control ó Goberno Municipal, ofrecendo alternativas políticas nos diferentes asuntos de interese municipal.

As sesións do Pleno son públicas.

Pódense descargar as actas correspondentes ás sesións celebradas así como informarse puntualmente das convocatorias (dende o apartado de Convocatorias ou dende as novas da portada web).


Sesións do Pleno en formato multimedia

Tamén poden visualizar as sesións do Pleno dende a canle de YouTube do concello de Bergondo (dispoñibles dende a sesión do 28 de xullo de 2016).

Podes ver as retransmisións en directo das sesións plenarias, que se anunciarán nas sección de “Novas” publicadas nesta web.