O concello de Bergondo, en aras á transparencia da actuación municipal, publica a partir do mes de marzo de 2015 ás licitacións correspondentes ós:

 Contratos menores de servizos e subministros de máis de 12.000 euros.

 Contratos menores de obra de máis de 18.000 euros.

Así como aqueles outros de menor importe que por razóns de eficacia se considere necesario incluir.

 As licitacións publícanse no espazo de novas do concello (na portada principal da páxina web).

Procedemento de tramitación:

As ofertas económicas deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Bergondo (presencial ou telemático segundo o que proceda) no prazo que se estableza en cada contrato, achegando coas mesmas o modelo de declaración responsable debidamente cuberto, así como o compromiso de iniciar a prestación do obxecto do contrato no prazo que indique o órgano de contratación na notificación da adxudicación.

Nos contratos menores que se definan exclusivamente pola súa contía, a tramitación do expediente só esixirá a aprobación do gasto e a incorporación ao mesmo da factura correspondente que reúna os requisitos regulamentariamente establecidos, e no contrato de obras, ademáis, o presuposto das obras, sen prexuízo da existencia de proxecto cando as normas específicas así o requiran, todo isto, sen prexuízo da esixencia dos requisitos que non sexan incompatibles coa especial natureza destes contratos, entre eles os relativos á capacidade e solvencia do contratista.

Estes contratos non poden ter unha duración superior a un ano, nin ser obxecto de prórroga nin de revisión de prezos.

A adxudicación realízase a favor da oferta económicamente máis ventaxosa e que conteña todos os documentos esixidos na mesma.

 Periódicamente publícase nesta páxina web un resumo dos contratos menores adxudicados polo concello de Bergondo.

Lexislación aplicable:

A regulación legal ven recollida fundamentalmente nos artigos 29.8, 118, 131.3 e 153.2 da Lei de contratos do Sector Público.