Os Consellos escorales son a garantía de que calquera persoa poda exercer o seu dereito de participar no sistema educativo sen máis requisito que a súa propia opción voluntaria e sempre que sexa elixido ou designado polo sector que representa.
Os Consellos escolares municipais, como instrumento de participación dentro do sistema escolar, pretenden contribuír á corrección de desigualdades socioculturais, a conseguir un ensino máis eficaz e de máis calidade, e a cohesionar o tecido escolar implicado comprometendo aos grupos e ás persoas coa súa participación e contribucións.
No Consello Escolar Municipal atoparase toda a comunidade educativa: mestres, alumnos, nais e pais, traballadores da administración e dos servizos educativos e profesionais de ámbitos diversos, e responsables políticos, entre outros.
Bergondo quere ser un Concello educador en todos os sentidos, que viva a educación como un referente básico para a formación da conciencia cívica. Un instrumento determinante para acadar estes obxectivos é o Consello Escolar Municipal de Bergondo, no que debe confluír toda a comunidade.