As asociacións son agrupacións de persoas constituidas para realizar unha actividade colectiva dunha forma estable, organizadas democráticamente, sen ánimo de lucro e independentes.

As Asociacións municipais son unha parte fundamental para o desenvolvemento da vida social e cultural do concello de Bergondo.

A norma fundamental competente é a Lei 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

Requisitos de constitución

  • Número de persoas: 3 ou máis persoas físicas ou xurídicas.
  • Obrigatoriedade da inscrición: conforme o artigo 20 da Lei 1/2002, a inscrición ten carácter declarativo, non consultivo.
  • Denominación da asociación: non pode coincidir con outra previamente inscrita.

Podes consultar os nomes das asociacións rexistradas na provincia (ver enlaces de interese, á dereita).

Con respecto ás características merece a pena aclarar que non ter ánimo de lucro significa que non se poden repartir os excendentes económicos anuais entre os socios, por tanto, si se pode:

  • Ter excedentes económicos ao finalizar o ano.
  • Ter contratos laborais na Asociacións.
  • Realizar actividades económicas que poidan xerar excedentes económicos.

Lóxicamente, os excedentes deberán invertirse en cumprimento dos fins da entidade.