Que son os servizos sociais?
Os servizos sociais son un conxunto coordinado de prestacións e programas destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e a participación social de toda a población bergondesa.
Desde os servizos sociais traballamos activamente coa intención de mellorar as condicións de vida, corrixir desigualdades e apoiar a aquelas persoas en situación de exclusión social ou en risco de padecelo. Ademais desde esta área promovemos de forma continuada diferentes iniciativas e actividades co obxectivo de previr posibles situacións de risco e educar no valor da igualdade.
Obxectivos
Levamos a cabo intervencións que permitan:
Facilitar alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social.
Garantir a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia.
Previr situacións de dependencia, exclusión, desigualdade e desprotección.
Proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade e posibiliten a conciliación familiar.
Favorecer a integración dunha perspectiva intercultural de convivencia e a socialización normalizada de inmigrantes, emigrantes retornados e minorías étnicas.
Promover e dinamizar a participación comunitaria.
Eliminar a discriminación selectiva e a exclusión social.
Sensibilizar, informar e promover valores de solidariedade e integración.
Traballamos con 3 grupos de Programas e Servizos: básicos, específicos e consorciados (Consorcio As Mariñas).
Os Básicos comprenden:
A valoración, orientación e información social.
Información, orientación e asesoramento individual, familiar e grupal sobre os dereitos e recursos sociais existentes.
Xestión, tramitación e/ou derivación de prestacións económicas e recursos sociais.
O Programa de promoción da autonomía persoal e social: Servizo de Axuda no Fogar.
O SAF ofrece un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.
O Servizo de Educación e Apoio familiar.
É un servizo de apoio educativo, psicolóxico e social dirixido as familias coa finalidade de promover a calidade de vida e o benestar dos membros que a integran. Este servizo está integrado por tres proxectos diferenciados: Atención e intervención familiar, Medidas económicas de apoio ás familas, e Dinamización familiar e comunitaria.
O Programa de Fomento da cooperación e da solidariedade social.
Fomento da solidariedade entre os membros da comunidade local e a acción voluntaria na área social. Este programa estructúrase en tres proxectos diferenciados: Voluntariado Social, Sensibilización social, e Cooperación e apoio do tecido asociativo.
Podes ampliar información aquí.
Os Específicos comprenden:
O Proxecto de prevención e dinamización social das persoas maiores: “Envellecemento Activo”
Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), o envellecemento activo pretende mellorar a calidade de vida das persoas a medida que envellecen, favorecendo as súas oportunidades de desenvolvemento para unha vida saudable, participativa e segura. O envellecemento activo implica entender esta etapa da vida como un ciclo máis de crecemento persoal, engadindo “vida a os anos e non soamente anos á vida”.
O Proxecto de lecer dirixido a persoas con diversidade funcional: “Universo Diverso”.
A Escola infantil Municipal, na súa etapa de 0 a 3 anos.
O Proxecto de desenvolvemento do Pobo Xitano.
Este programa está enfocado á prevención e á atención da comunidade xitana en risco de exclusión mediante equipos de inclusión sociolaboral e proxectos específicos.
Os consorciados ou propios do Consorcio As Mariñas comprenden:
O Gabinete de inserción sociolaboral.
A Asesoría xurídica.
O Servizo de mediación na vivenda.
Podes ampliar a información sobre os servicios consorciados aquí