En que consiste?

O programa madruga é unha medida para favorecer a conciliación familiar, laboral e social daquelas familias nas que ámbolos dous proxenitores traballan fóra do domicilio familiar e que o seu horario laboral non sexa compatible co horario de entrada ó colexio dos seus fillos e fillas.

As actividades que se desenvolven no programa teñen como obxectivo favorecer a adquisición de hábitos saudables entre o alumnado (alimentación, deporte, hixiene persoal…) e conseguir a súa autonomía en tarefas da vida cotiá. Trabállanse aspectos relacionados coa interacción e resolución de conflitos, autoestima, motivación e habilidades sociais a través de diferentes dinámicas de grupo e das tecnoloxías da información e da comunicación.

Para quen?

As actividades que se levan a cabo están dirixidas a todo o alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria cuxos horarios laborais dos proxenitores sexan incompatibles co horario de entrada ó colexio dos seus fillos e fillas.

Horarios:

  • De luns a venres de 7:30 horas ata as 9:20 horas:
  • De 7:30 a 8:30 horas  realización de actividades.
  • De  8:30 a 9:15 horas almorzo e hixiene bucal.

Durante este horario, o alumnado poderá incorporarse a actividade no momento que o precise. A actividade do almorzo é optativa.

Número de prazas:

Por orde de inscrición ata un máximo de 15 alumnos/as por grupo.