- O concello de Bergondo conta cun amplo patrimonio artístico e cultural.
Conserva unha serie de edificacións de carácter eclesiástico e civil, algunhas delas verdadeiras xoias artísticas, como son o Mosteiro e igrexa de San Salvador ou o Pazo de Mariñán cos seus xardíns, ambos catalogados como Bens de Interese Cultural (BIC).
O catálogo de bens patrimoniais do concello está recollido nas Normas Subsidiarias de Planeamento municipal, aprobadas o 28 de outubro de 1992, así como na modificación puntual das mesmas, no ano 2007, na que se incluíu o edificio “Utande”, sito no Espíritu Santo, parroquia de Lubre.
Neste apartado ofrecémosche unha escolma dos elementos patrimoniais máis interesantes.
Descubre Bergondo!.