- As actividades de Animación á Lectura abarcan un conxunto de iniciativas que intentan espertar nas persoas máis novas desexos de ler e favorecer o achegamento aos libros, publicacións,etc, implicando a todo o alumnado de Bergondo mais tamén ás persoas adultas.
Con esta finalidade ao longo do ano desenvólvense diversas actividades como contacontos, palestras, obradoiros, obras de teatro, etc.
Comprométete coa lectura!
…anima a ler incluso antes de que aprenda a ler.
…cóntalle contos, recítalle poesías.
…lelle libros, revistas, xornais.
…comparte e comenta as lecturas coa familia.
…acompáñaos a visitar exposicións, a funcións de monicreques ou teatro.
…acompáñaos a librerías e bibliotecas.
…le con el@s as publicacións que fan na escola.
…que non falte un libro nun aniversario.
…coidade xuntos a biblioteca familiar.
…compartide cousas.