Neste espazo podes atopar as diferentes axudas e bolsas que convoca o Concello de Bergondo en materia educativa.
O programa de préstamo de libros municipal é unha iniciativa que complementa ao Fondo solidario de libros de texto da Xunta, concedendo aos nenos e nenas aqueles que non lles foron outorgados pola administración autonómica.
Os libros serán propiedade do Concello de forma que, ao finalizar o curso escolar deberán entregarse dentro dos prazos sinalados para que poidan ser empregados por outros alumnos no próximo curso. Ademais, os libros deberán entregarse en perfectas condicións e, en caso contrario, haberá que repoñelos.
Poderán acollerse a esta bolsa os/as estudantes que cursen os seus estudos no CPI Cruz de Sar que, no momento da solicitude, estean empadroados/as no Concello de Bergondo e cursen desde 3º de Primaria a 4º de ESO. Tamén é un requisito indispensable para acceder a este programa realizar a solicitude do Fondo solidario da Xunta.
A convocatoria para o curso 2024-2025 xa está pechada.
Para non deixar descubertas as necesidades das familias con fillos ou fillas en idade escolar que cursen Educación Infantil ou 1º ou 2º de Primaria, o Concello pon en marcha esta liña de axudas que consiste na entrega de libros. No caso dos estudantes de Primaria, deberán solicitar a axuda para a adquisición de libros e material da Xunta; de non facelo, quedarán excluídos deste programa.
A convocatoria para o curso 2024-2025 xa está pechada.
O programa de axudas á compra de material escolar e libros, que está dirixido a todas as etapas educativas, achega entre 30 e 120 euros ás familias con menos ingresos. Os únicos requisitos son estudar nalgún dos centros públicos de Bergondo e non superar o límite de ingresos establecido nas bases.
Cabe destacar que esta última liña si ten en conta o nivel de ingresos para asignar unha contía ou outra.
A convocatoria para o curso 2024-2025 xa está pechada.
Poderán beneficiarse todos os estudantes empadroados no Concello que cursen Educación Infantil; Bacharelato; Formación Profesional; ensinos de réxime especial; Educación Universitaria; programas internacionais oficiais e outros estudos oficiais homologados.
Está dotada cun orzamento total que ascende a 15.000,00 euros. Desta contía, o importe máximo a percibir por cada persoa beneficiaria será:
Galicia:
• De 1 a 3 km: Ata 40 euros.
• De 4 a 15 km: Ata 60 euros.
• De 16 a 40 km: Ata 80 euros.
• De 41 a 80 km: Ata 120 euros
• De 81 a 170 km: Ata 150 euros.
Outras comunidades autónomas: Ata 200 euros.
Programas internacionais oficiais: Ata 600 euros
As persoas que desexen presentar as súas solicitudes a esta convocatoria poderán facelo ata o próximo 11 de outubro.