Dende o Concello de Bergondo queremos fomentar o asociacionismo municipal como forma de participación social. No título segundo do Regulamento orgánico de participación veciñal do concello de Bergondo, aprobado polo Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 28 de abril de 2016, e publicado no BOP núm 87 do 9 de maio de 2016; regúlanse as entidades veciñais e o Rexistro Municipal de Asociacións. A través deste instrumento se recoñecen ás entidades inscritas, garantizándolles os dereitos regulados na lexislación vixente.
Entre as medidas do Concello para fomentar o asociacionismo veciñal podemos destacar:
- Información e asesoramento para formar unha asociación: procedementos para darse de alta no Rexistro Central da Xunta de Galicia (estatutos, acta fundacional, tasas, CIF, etc.), modificacións de datos, etc.
- Outorgamento de subvencións a través dos orzamentos municipais. Estas subvencións cumpren cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuidas á competencia municipal, ou que en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do Municipio.
Para a inscrición dunha asociación no REMAV, previamente deben estar inscritas no Rexistro provincial, autonómico ou estatal correspondente.
En cumprimento da obriga imposta no art.14,2 da LPAC os obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas deberán presentar e tramitar por medios electrónicos a solicitude de inscrición a través da sede electrónica do concello de Bergondo (https://sede.bergondo.gal/
- Copia dos estatutos ou normas de funcionamento vixentes.
- Número de inscrición no Rexistro Xeral da Administración Autonómica e noutros Rexistros públicos, se é o caso.
- Certificación, expedida pola persoa competente, e co visto e prace do presidente, do acordo adoptado na última asemblea xeral de socios ou órgano competente, na que se elixise a Xunta Directiva, que estea en vigor na data. de rexistro da respectiva Asociación; indicando tamén os datos de cada un dos membros da citada Xunta e tamén os seus enderezos e teléfonos.
- Domicilio Social.
- Código de identificación fiscal.
- Certificación do número de socios inscritos no momento da solicitude.
- Programa anual ou memoria das súas actividades.
- Orzamento anual da entidade, incluídas as fontes de financiamento, se as existen.
- Ámbito de actuación, e a súa finalidade veciñal.
Documentos de interese
Norma que regula a REMAV: https://sede.dacoruna.