En que consiste?

O reforzo educativo é unha medida de apoio ao alumnado que se ofrece de forma esporádica e con carácter puntual cunha finalidade preventiva, de recuperación ou incluso de ampliación.

Non obstante, máis que reforzo educativo, o traballo céntrase en ensinar ao alumnado as técnicas, estratexias e métodos que faciliten o seu proceso de aprendizaxe así como conseguir certa autonomía e organización no seu estudo.

Terán relevancia os informes xustificativos de necesidade de incorporación de alumnado ao servizo de reforzo educativo deste concello, emitidos polo Departamento de Orientación (DO) do CPI de Cruz do Sar.

Para quen?

  • Alumnado de Educación Primaria do CPI de Cruz do Sar, abarcando todas as materias do currículo e as competencias básicas.
    • Número de prazas, por orde de inscrición, ata un máximo de 12 alumnos/as por grupo.
    • Horarios:
      • De luns a venres: 15.00 -18.00 horas.
      • Reforzo educativo: 15:00 – 17:00 horas.
      • Conciliación familiar e laboral: 17:00 – 18:00 horas.
  • Alumnado de Educación Secundaria do CPI de Cruz do Sar.
    • Número de prazas, por orde de inscrición, ata un máximo de 10 alumnos/as.
    • Horarios:
      • De martes a venres: 15:40 – 18:00 horas.
      • – Reforzo educativo: 15:40 – 17:40 horas.
      • – Conciliación familiar e laboral: ata as 18:00 horas.