Horario

O horario da biblioteca municipal é de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas (atenderase no Multiusos da Senra) e de 16:00 a 20:00 horas (atenderase na Axencia de Lectura).

Axencia de lectura: de 16 a 20 horas.
Sala infantil-xuvenil e Bebeteca: de 11 a 13 horas.

Horario de verán

A biblioteca da Senra estará pechada durante todo o verán.
Axencia de Lectura:
Entre o 23 de xuño e o 3 de xullo estará pechada. Neste período as devolucións poderán facerse na Senra en horario de 8:00 a 14:00.
Do 6 ao 16 de xullo o horario da biblioteca municipal será de 9:00 a 15:00.
Do 16 de xullo ao 14 de agosto o horario será de 10:00 a 14:00.
D0 16 de agosto ao 15 setembro o horario da biblioteca municipal será de 9:00 a 15:00.

Contacto

Se queres contactar coa biblioteca chama ao teléfono 981 79 44 60 ou escribe ao correo bergondo.rbgalicia@eidolocal.es


 

A biblioteca municipal de Bergondo é un espacio aberto á cultura, educación, ocio e curiosidade.

Fondo bibliográfico

Conta actualmente con 23205 volumes. Este fondo amplíase regularmente mediante adquisicións, doazóns, etc. Conta ademais con materiais especiais como contos adaptados, dvd´s, cd´s, etc. Os datos actualizados podes atopalos na web da Rede de Bibliotecas de Galicia.


Servizos que presta a biblioteca

 Préstamo de libros electrónicos: Dende finais de 2014 a biblioteca municipal de Bergondo ofrece tamén o préstamo de libros electrónicos, a través da Plataforma GaliciaLe.

  Actividades educativo-culturais: conta-contos, palestras, certames, etc

  Información bibliográfica: os/as profesionais da biblioteca pódenche axudar a atopar o que precisas.

  Préstamo a domicilio (con execpción dos materias excluídos deste préstamo, só consultables en sala: diccionarios, enciclopedias, atlas, etc.)

  Lectura en sala: disfruta da túa lectura e/ou aproveita para estudar ou traballar nas nosas instalacións nun espazo amplo e tranquilo.

  Hemeroteca: xornais e revistas ó teu alcance e de forma gratuíta.

  Fotocopiadora.

  4 PCs conectados a internet.

  Conexión wi-fi.


Como facerse socio?

Cumprimenta a solicitude que che damos na biblioteca ou faino a través da web da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Facémoste unha foto na biblioteca.

O carné faise de balde e é persoal e intransferible.


Normas da biblioteca

Consulta e lectura en Sala

1.- As persoas terán acceso aos libros depositados nos estantes, poderanse ollar, examinar e consultalos directamente, procurando devolvelos ao seu lugar, seguindo as normas estabelecidas para a súa clasificación, que estarán expostas nun lugar visible, consultando ante calquer duda á persoa encargada da biblioteca.

2.- Gardarase silencio, procurando non molestar ás persoas que se atopen nas instalacións.

3. – Apaga ou silencia o teléfono móbil.

4. – Non saques ningún material da biblioteca sen solicitar antes o seu préstamo.

5. – Pódese beber auga na biblioteca, lévaa sempre nun recipiente con tapa. Non está permitido comer nin beber bebidas alcohólicas.

5. – As nenas e os nenos deben estar acompañados dunha persoa adulta.


Préstamo a domicilio

1.- Para ter acceso ó préstamo de libros é preciso dispor de Carné de biblioteca

2.- Non se prestarán as grandes obras de consulta, diccionarios, enciclopedias,atlas, nen tampouco os xornais e revistas.

3.- A cantidade e a duración máxima do préstamo será de:

Tipo lector/aTipo documento

 

Máximo docs/tempoRenovacións

 

Adulto/a

 

 

Libros5 durante 21 días1 de 21 días
Audiovisuais2 durante 7 días1 de 7 días
Sonoros2 durante 7 días1 de 7 días
InfantilLibros5 durante 21 días1 de 21 días
Audiovisuais2 durante 7 días1 de 7 días
Sonoros1 durante 7 días1 de 7 días

4.- A duración do préstamo será de 21 días, prorrogables por outro período de igual duración, sempre e cando o libro prestado non fose solicitado por outro lector, nesta e nalgunha outra circunstancia determinada, o período de préstamo poderase reducir.

5.- A demora da devolución dos libros orixinará unha sanción que vai dende a amonestación verbal (se non excede de dous días) ata a o bloqueo dos préstamos por un tempo proporcional á demora da devolución, que poden ser días, semanas, meses,

6.- O deterioro dos libros ou a perda destes, obriga á persoa beneficiaria do préstamo ao pago dos gastos que orixine a reparación ou compra dun libro novo.

7.- Cando algún libro sexa moi solicitado e non se dispoña de exemplares suficientes para atender a todas as peticións, poderase rebaixar a duración do préstamo a sete días, sen dereito a prórroga.