Obra pública construída entre os anos 1939 e 1942, sobre a ría de Betanzos.
As obras para conectar mediante unha ponte ámbalas dúas beiras da ría comezaron a finais da década de 1920. Por diversas circunstancias, entre elas o estalido da Guerra Civil española, as obras foron interrumpidas. Ata entón cruzábase a ría nunha barcaza, cas limitacións de mercancía que se podía transportar de cada vez, ou tamén bordeábase a ría pasando pola vila de Betanzos, cunha perda considerable de tempo.
As obras retomáronse no ano 1939, seguindo o proxecto do enxeñeiro César Villalba Granda, se ben deixouno sen rematar. O gran arco central foi obra do prestixioso enxeñeiro Eduardo Torroja Miret, quen diseñou o proxecto de remate entre os anos 1940 e 1942. A execución das obras estivo a cargo da empresa Ricardo Barredo, S.A., e foron concluídas no ano 1943, constituíndo unha importante obra tanto polo maxistral emprego do formigón armado como pola mellora notable das comunicacións entre A Coruña e Ferrol, ata a construcción da ponte da autoestrada, AP-9, a mediados da década de 1990.
A ponte inaugurouse oficialmente o 15 de abril de 1943, e a noticia foi recollida nos medios de comunicación da época (xornais e o NO-DO).
Nos anos 2013-2014 leváronse a cabo unhas obras de acondicionamento das capas externas da ponte, xa que a estrutura en sí mantense en bo estado de conservación.
Para máis información, pódense consultar os documentos de interese que figuran á dereita desta páxina.
Inauguración da Ponte do Pedrido, o 15 de abril de 1943, recollida polo noticiario español NO-DO, emitido o 3 de maio de 1943.