Inícianse os traballos para crear un paso seguro para peóns desde o aparcamento da praia de Gandarío ata Moruxo

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concello

O Concello de Bergondo iniciou esta semana os traballos para prolongar o itinerario peonil desde o aparcamento da praia de Gandarío ata Moruxo, un proxecto que nace da proposta gañadora do proceso municipal de Orzamentos Participativos para 2026 e que conta cun orzamento de 99.851,21 euros.

Os traballos implican o acondicionamento da marxe esquerda da estrada municipal en Gandarío, unindo as beirarrúas existentes en Moruxo ata o acceso ao aparcamento da praia, conectando tamén co itinerario peonil que comunica co areal.Ademais, instalarase unha nova rede de pluviais, substituíndo as cunetas en terra actuais, e colocaranse pivotes para evitar estacionamentos indebidos.

Este proxecto súmase á actuación, en fase de contratación, para renovar por completo o paseo da praia. Esa obra, que conta cun orzamento de 514.998 euros e está cofinanciada a través do Plan Único da Deputación da Coruña, inclúe, entre outras accións, a substitución da pasarela de madeira por unha de obra pavimentada con baldosa hidráulica que aumenta a súa durabilidade.