XXXIV Festa do Entroido e XXIX Festa da Orella

O Concello de Bergondo celebrará o vindeiro sábado, 21 de febreiro, na contorna do CPI Cruz do Sar a súa XXXIV Festa do Entroido e a XXIX Festa da Orella nunha programación entroideira na que, ademais dos disfraces, a música e a animación, os asistentes gozarán da actuación dos mellores grupos do “BergondoRisión”.

As actividades comezarán ás 16.30 horas no pavillón, onde se organizou unha gran festa infantil na que non faltarán inchables, desfiles de disfraces e obradoiros creativos.

Unha vez rematada a festa infantil, a música e as orellas serán as protagonistas. Ás 19.30 horas dará comezo a actuación da Orquestra Fania Blanco Show, ao mesmo tempo que a XXIX Festa da Orella, na que se inclúe un donativo para o alumnado de 4º da ESO do colexio e haberá sorteo de agasallos.

No descanso da orquestra subirán ao escenario os mellores grupos do “BergondoRisión”. Este festival é xa un clásico entre o alumnado de secundaria do CPI Cruz do Sar e as risas están garantidas.