XXIV Encontro dos Maiores

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Veciñanza

🎉 O *XXIV Encontro dos Maiores* xa ten data! 🎉

O vindeiro *domingo 7 de xuño* de 2026, o Concello de Bergondo celebrará unha nova edición desta xornada tan especial dedicada ás nosas veciñas e veciños maiores de 60 anos 💙

Será un día para compartir lembranzas, reencontrarse, desfrutar dunha boa comida e vivir unha tarde chea de música e bo ambiente 🎶✨

📍 Pavillón deportivo da Senra
🕑 14.00 h – celebración relixiosa
🕝 14.30 h – comida de convivencia

📝 Inscricións: do 4 ao 15 de maio
📍 Gabinete de Alcaldía da Casa do Concello
💶 Prezo: 10€ por persoa participante

Agardámosvos para seguir celebrando xuntos a experiencia, a convivencia e todo o vivido ao longo dos anos ❤️

#Bergondo #EncontroDosMaiores #Maiores #Convivencia #ConcelloDeBergondo