XXII ENCONTRO DE MAIORES 2024

  • Categoría da entrada:Veciñanza

O Concello de Bergondo organiza, por 22º ano, o tradicional Encontro de Maiores. Esta actividade, todo un éxito ano tras ano, convida a todos os veciños e veciñas do concello maiores de 60 anos a reunirse na mesa o próximo 2 de xuño. Ademais, serve como homenaxe conxunta a esas xeracións que traballaron tan duramente para saír adiante.

Proba do éxito desta actividade é a grande afluencia de bergondeses e bergondesas. O ano pasado citáronse case 400 persoas na Senra para comer e compartir experiencias nun evento que conta xa cunha dilatada traxectoria.

O acto celebrarase o domingo 2 de xuño no pavillón polideportivo da Senra e empezará ás 14:00 horas coa celebración dunha misa cantada. Xa ás 14:30 horas será o momento da tradicional comida. Ao terminar para comer, coma sempre, haberá unha actuación musical para amenizar a festa.

O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, luns 6 de maio, e estarao ata o próximo día 16. Para apuntarse, as persoas maiores de 60 anos deberán acudir ao gabinete de alcaldía da Casa do Concello, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. O prezo por participante é de 10 euros. Aquelas persoas que queiran máis información, recibirana no teléfono 981 791 252 ext. 3.

Cartel XXII Encontro de Maiores