A partir do día 30 de xuño de 2023 a partir das 9.00 horas xa podes anotarte ás ximnasias de mantemento no Pavillón Municipal de Guísamo, Ximnasio da Casa da Cultura ou no Centro Sociocultural de Vixoi, organizadas polo Concello de Bergondo. Podes facelo a través do formulario onde constan as bases e a publicidade:
XIMNASIAS DE MANTEMENTO_ACTIVIDADES VERÁN 3_ 2023
Prazo de presentación de solicitudes: dende as 9.00 h do día 30 de xuño ata ás 14.00 h do día 6 de xullode 2023.
Preferencia de participación.
Primeiro: orde estrito de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas neste concello.
Segundo:persoas que poidan demostrar convivencia con persoas empadroadas neste concello ou que pasen as vacacións en verán no Concello de Bergondo na súa segunda residencia sita Concello de Bergondo. Nestes casos deberán realizar unha declaración xurada desta situación, a cal poderá ser comprobada dende o Concello de Bergondo.