Votacións dos plenos do 04/04/24

  • Categoría da entrada:Concello

Hoxe, xoves 4 de abril, celebráronse dúas sesións plenarias.

Na primeira, extraordinaria, tratouse un único asunto:
– Explicación das irregularidades expostas nos informes conxuntos de Intervención e Tesourería sobre a APA As Mariñas.

Na segunda, ordinaria, os temas foron os seguintes:
– Dación de conta da liquidación do orzamento municipal do ano 2023, dos reparos de Intervención do ano 2023, do informe de control interno, sobre o cumprimento da Lei de Morosidade e do informe de avaliación de cumprimento de obxectivos.
– Aprobación dos proxectos da cuarta fase do Plan de Saneamento Municipal 2023. Aprobado por unanimidade.
– Modificación do orzamento de 2024 mediante suplemento de crédito. Aprobado cos votos a favor de PSOE e Alternativa dos Veciños e a abstención de PP e BNG.
– Recoñecemento extraxudicial de crédito. Aprobado por unanimidade.
– Modificación da plantilla do persoal funcionario no orzamento de 2024. Aprobada por unanimidade.
– Moción do BNG para a potenciación do Festival Folk de Guísamo. Aprobada por unanimidade cunha emenda do PSOE.
– Moción do PP sobre a normativa respecto dos galiñeiros de autoconsumo. Rexeitada co voto de calidade da alcaldesa cos votos a favor do PP, a abstención de Alternativa dos Veciños e o BNG e en contra do PSOE.
– Declaración institucional relativa ao Día Mundial das Enfermidades Raras.