Votacións do pleno ordinario do 27 de novembro

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Bergondo

O Concello de Bergondo informa dos acordos e resultados das votacións da sesión plenaria celebrada hoxe, na que se trataron diversos asuntos de carácter ordinario e urxente.

Puntos ordinarios

• Aprobación de orzamentos
Os orzamentos municipais foron sometidos a votación, quedando o resultado en PSOE e Alternativa dos Veciños a favor fronte ao voto en contra de PP e BNG. Ante o empate, aplicouse o voto de calidade da Alcaldía, quedando aprobados.

• Adhesión ao POS adicional 4/2025
O punto contou cos votos favorables de PSOE, AV e a abstención de PP e BNG. Ao requirirse maioría absoluta, o acordo non saíu adiante pola ausencia dun concelleiro de AV.

• Declaración institucional polo 25N.
A declaración institucional prevista na orde do día foi lida en pleno e posteriormente asinada por todos os grupos municipais.

• Moción do BNG sobre o Complexo Xuvenil das Mariñas.
A moción presentada polo BNG prosperou ao contar coa abstención de todos os grupos, agás o propio Bloque, que votou a favor.

• Moción do PP sobre a solicitude de actuacións na estrada AC-161.
A moción do Grupo Popular foi aprobada por unanimidade.

Asuntos urxentes

• Modificación puntual das normas subsidiarias en San Cidre.
A proposta relativa á modificación puntual novena das normas subsidiarias en San Cidre obtivo os votos a favor de PSOE e Aleternativa fronte ao BNG, que votou en contra, e contou coa abstención do PP. Ao requirirse maioría absoluta, o punto non saíu adiante.

• Modificado do proxecto da AC-162 a Lagoa
O modificado referente á actuación AC-162 cara a Lagoa foi aprobado por unanimidade dos grupos presentes.