Votacións do pleno extraordinario do 4 de decembro

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Bergondo

O Concello de Bergondo celebrou hoxe un pleno extraordinario para tratar dous asuntos pendentes da sesión ordinaria da pasada semana.

O primeiro era a participación na segunda fase do Plan Único Adicional da Deputación. O sentido dos votos foi idéntico ao do pleno ordinario (PSOE e Alternativa dos Veciños a favor e PP e BNG abstivéronse). Porén, a diferenza da última sesión, o goberno municipal si contou coa maioría absoluta para sacar adiante esta cuestión.

No segundo punto, referente á modificación puntual novena das Normas Subsidiarias de Planeamento de Bergondo (Polígono de San Cidre), a situación foi idéntica á do primeiro. Todos os partidos mantiveron as súas posturas —PSOE e AV votaron favorablemente, o PP abstívose e o BNG votou en contra—, e, ao contar o goberno con maioría absoluta, o punto saíu adiante.

Respecto deste último punto, dende o goberno local sinálase que “irá a pleno todas as veces que sexan necesarias. É unha cuestión de seguridade xurídica”. Iso si, inciden en que os partidos da oposición “non parecen ter moito interese” no desenvolvemento urbanístico de San Cidre.

Inciden dende o goberno municipal na “axilidade” para reconducir a situación de bloqueo de dous expedientes “moi importantes para Bergondo” acontecida no pasado pleno por parte da oposición. “Logramos reconducir os asuntos e sacar adiante os proxectos en menos dunha semana”, subliñan.