Votacións do pleno extraordinario do 31/10/2026

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concello

Hoxe, sábado 31 de outubro de 2026, celebrouse un pleno extraordinario no que se trataron os seguintes asuntos:

  • Modificación, de acordo co IPC, da ordenanza reguladora da prestación patrimonial pola subministración de auga potable,pola acometida á rede xeral de abastecemento e á rede xeral de saneamento, así como pola prestación do servizo de rede saneamento e depuración de augas residuais. Aprobado cos votos a favor de PSOE, AV e BNG e a abstención do PP. 
  • Participación na 1ª fase do POS +Adicional 4/2026. Aprobado por unanimidade. 
  • Sorteo para o nomeamento de presidentes e vogais das mesas electorais co motivo das eleccións xerais do vindeiro día 29 de novembro de 2026.

Antes do inicio da sesión plenaria gardouse un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Los Yébenes.