Resultado das votacións do pleno ordinario do mes de maio, celebrado o xoves día 28:
- Aprobación definitiva do Plan de Actuación Municipal (PAM): Votaron a favor PSOE e AV e o PP e o BNG abstivéronse.
- Aprobación inicial dos proxectos das obras incluídos no PAM 2026: Votaron a favor PSOE e AV e o PP e o BNG abstivéronse.
- Recoñecemento extraxudicial de créditos: Unanimidade a favor.
- Modificación do Orzamento 2026 mediante suplemento de crédito: PSOE e AV a favor e PP e BNG abstención.
- Aprobación do proxecto modificado de pavimentación con aglomerado asfáltico, rega asfáltica, zahorra e formigón en camiños das parroquias de Bergondo, Moruxo, Vixoi, Guísamo, Cortiñán, Rois e Babío: Unanimidade a favor.
- Cambio a galego de nomes de varios núcleos do concello: Unanimidade a favor.
- Moción do BNG sobre Palestina: Unanimidade a favor.
- Moción do BNG sobre unha comunidade enerxética e oficina de transformación comunitaria: BNG e PP a favor; PSOE e AV abstención.
- Moción do PSOE para instar á Xunta a actuar ante o aumento da presenza dos xabaríns: Unanimidade a favor.
- Asunto urxente: Aprobación do texto refundido da aprobación definitiva da modificación puntual novena nas NNSSPM no Polígono de San Cidre: PSOE e AV a favor; PP abstención e BNG en contra.